Para a definición da estratexia de desenvolvemento local participativa para o territorio de actuación.
Require que a búsqueda de solucións e a toma de decisións durante o proceso parta de abaixo (poboación participativa) cara arriba.
Os GDRs son as unidades territoriais de xestión do programa, composta polos axentes sociais e económicos da zona.
O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.