Xornada “Comercialización de produtos cárnicos procedentes de pequenas explotacións”
A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a Xornada “COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS CÁRNICOS PROCEDENTES DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS”, que se desenvolverá o vindeiro 5 de Novembro.
Contidos do curso:
- Oportunidades para os produtos cárnicos amparados baixo a normativa de artesanía alimentaria.
- Oportunidades para os produtos cárnicos derivadas das novas regulacións e flexibilizacións en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios.
- A cadea alimentaria e requisitos dos distintos operadores.
- Instalacións necesarias para produtores.
Imparte:
- Luis Couto Lorenzo. Inspector Veterinario de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias:
- Agricultores/as en activo.
- Persoas responsables e traballadores de empresas agroalimentarias.
- Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
- Outras persoas interesadas.
Horario:
De 10.00 a 14.00 horas.
Lugar de realización:
CASA DA CULTURA VILA CONCEPCIÓN. Praza Vila Concepción, 1. 15679 Cambre (A Coruña) (Localizador: https://goo.gl/maps/2mFwuV3p2RFgVJgS6)
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:
As solicitudes enviaranse ao correo: diego.miranda@marinasbetanzos.gal
Agradecemos a difusión desta actividade entre as persoas, empresas e entidades que consideres poidan estar interesadas en participar.