Inauguración do primeiro Túnel dos «viños que falan de nós», na IXP Ribeiras do Morrazo

Inauguración do primeiro Túnel dos «viños que falan de nós», na IXP Ribeiras do Morrazo

Inauguración do primeiro Túnel dos «viños que falan de nós», na IXP Ribeiras do Morrazo

O Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Jose Luis Cabarcos Corral, o Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR Pontevedra-Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores, a Alcaldesa de Marín e Vicepresidenta do GDR Pontevedra-Morrazo, María Ramallo Vázquez, así como alcaldes e representantes institucionais dos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Ponte Caldelas, Poio, Vilaboa e Redondela, e doutros concellos que forman parte do GDR Pontevedra-Morrazo, estarán presentes na inauguración do primeiro Túnel do viño dos Viños das IXP de Galicia o sábado 20 de novembro ás 10.30 na sede do GDR Pontevedra Morrazo (Lugar Os Campos, 19. Mourente, Pontevedra).

PROGRAMA
10:30 Recepción
11:00 Presentación do Túnel e lectura da declaración institucional
12:00 Degustacións de viños
17:00 Catas de viño exclusiva para profesionais
18:00 Catas de viño abertas ao público

No acto de apertura do Túnel contémplase a lectura dunha declaración institucional, a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio.

Ao longo do día desenvolveranse catas dirixidas a diferentes perfís: institucións, hostalería, prescritores e público xeral. As prazas para público xeral están esgotadas. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia para coñecer as súas características diferenciais, poñendo o foco nas elaboracións da Indicación anfitrioa: Ribeiras do Morrazo.