O GDR Limia-Arnoia anima a toda a veciñanza a participar nas concentracións que se realizarán de forma simultánea nos 25 concellos que compeñen o territorio

A cita é mañá ás 12:00 horas diante das Casas Consistoriais. Esta é outra das actividades incluída na campaña “Non peches os ollos”

Este 25N será máis reivindicativo ca nunca xa que, por primeira vez, os vintecinco concellos que forman parte do GDR Limia – Arnoia realizarán de forma simultánea unha concentración contra a violencia de xénero. Esta é unha actividade, á que está convidada a participar toda a veciñanza, que se levará a cabo mañá ás 12:00 horas diante das Casas Consistoriais e que se enmarca na campaña “Non peches os ollos” promovida polo GDR Limia – Arnoia. Despois da concentración lerase un manifesto para mostrar o noso rexeitamento a esta lacra social e acadar e eliminación total da violencia contra as mulleres e as nenas.

Baixo o lema “Non peches os ollos” xa se realizaron ao longo deste mes de novembro outras actividades, tales como a respresentación da obra teatral “Invisibles” e unha andaina contra a violencia de xénero na que participaron un cento de persoas de diferentes localidades. O principal obxectivo da campaña é pór de manifesto a necesidade de ver e mirar de fronte á violencia.

Para o desenvolvemento deste programa o GDR Limia – Arnoia coa financiación dos fondos do Pacto de Estado e da Consellería de Igualdade e Medio Rural.