O GDR Limia - Arnoia apoia un total de 25 proxectos cunha achega de 620.000 euros

O GDR Limia – Arnoia apoia un total de 25 proxectos cunha achega de 620.000 euros

O GDR Limia - Arnoia apoia un total de 25 proxectos cunha achega de 620.000 euros

 

Grazas a estas axudas procedentes do Programa Leader crearanse e consolidarantes corenta postos de traballo en todo o territorio. O investimento total destes proxectos ascende a 1.138.760,91€

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Limia-Arnoia vén aprobar a concesión das axudas a un total de 25 proxectos distribuidos nos diferentes concellos que forman parte da entidade. As axudas inclúense dentro da convocatoria 2021-2022 do Programa Leader e suman un total de 619.544,08€ mentras que a inversión total prevista para o desenvolvemento destes proxectos é de 1.138.760,91€.

Na presente convocatoria financiáronse máis do 60% dos proxectos presentados e o 87% dos proxectos obIveron o Informe Favorable de Elexibilidade. Os principais destinatarios son persoas emprendedoras, pemes e outros axentes socioeconómicos do territorio A Limia – Arnoia tales como asociacións e institucións locais. “Dende o GDR senQmonos moi satisfeitos por poder apoiar todos estes proxectos que se presentaron á convocatoria deste ano e que dan conta da intensa actividade do noso territorio incluso en tempos de pandemia”, sinala Eva González, Xerente e Coordinadora do GDR Limia – Arnoia.

Do total dos proxectos presentados, 13 pertencen do ámbito privado e cos que – grazas a estas axudas – está previsto crear e consolidar un total de 40 postos de traballo cun investimento próximo aos 23.000 euros por empregado/a. Unha boa parte destes proxectos veñen do sector servizos e as axudas cubren case o 50% do investimento na maior parte dos casos. Entre eles están a ampliación dunha nave industrial en Boado Xinzo para a transformación da pataca, a creación dun obradoiro de carne en Xinzo de Limia, a adquisición dun vehículo adaptado para Casa do Maior de Rairiz de Veiga, unha sex shop e un espazo de orientación á muller rural en Xinzo de Limia, a creación dunha productora audiovisual en Lobios, a compra de diversa maquinaria para a ampliación dunha empresa de Muíños, a modernización dun obradoiro de traxe tradicional, a recuperación dun muíño de auga en Maceda, o impulso dun centro de xardiñeiría en Maceda, a ampliación dun taller en Xinzo de Limia, a modernización dun taller do aluminio de Xinzo de Limia, o apoio a un laboratorio dental en Allariz e a ampliación duna ferretería en Maceda. A posta en marcha de todos estes proxectos suman un investimento total de 806.155,99€ dos cales 331.513,46€ están financiados polo GDR Limia – Arnoia.

Na presente convocatoria, o GDR Limia – Arnoia concedeulle tamén axudas a seis proxectos de carácter non produtivo procedentes de iniciaIvas privadas que supoñen un investimento de 132.740,46€ dos cales recibirán 99.532,48€ de axudas. Entre eles están a creación dunha senda peonil por parte da CMVMC Fonte do Foxo de Bande, unha ecovía interpretativa do patrimonio dos ríos Xurés que porá en marcha a Asociación de Veciños Amigos do Río Mao de Lobios, a recuperación de camiños tradicionais que levará a cabo a Comunidade de Montes Grande de Bande, a dixitalización da Asocicación Veciñal Pidre de Xinzo de Limia, a mellora estética do burgo Vilanova dos Infantes que levará a cabo a Asociación Veciñal “Gutier Menéndez” e a creación dun laboratorio de informática, dun espazo coworking e dunha biblioteca que realizará a Asociación de Veciños Grou de Lobios.

Proxectos públicos

Seis concellos do territorio recibirán 138.340,36€ en axudas para a posta en marcha doutros tantos proxectos e que, na súa maior parte, están relacionados coa recuperación do patrimonio arquitectónico. Entre eles están a recuperación dun lavadoiro e dun xacemento no Concello de Blancos, a recuperación patrimonial da aldea de Saa no Concello de Vilar de Santos, a recuperación de elementos etnográficos no Concello de Bande, melloras na muralla de Castromao no Concello de Celanova, melloras no Castelo da Picoña (Calvos de Randín) e a dotación dun ascensor no Concello de Vilar de Barrio. 

 

O GDR Limia - Arnoia apoia un total de 25 proxectos cunha achega de 620.000 euros