Emprego en verde

A Asociación Deloa levará a cabo o programa de emprego xuvenil, Emprego en Verde, que terá lugar nos meses de abril e xuño en Padrón e Teo. A través desta formación, mozas e mozos de entre 16 e 30 anos realizarán un percorrido formativo por 5 oficios diferentes:

  • Horta ecolóxica
  • Panadaría e pastelería
  • Cociña e restauración
  • Atención en sala
  • Xestión de almacén

A formación seguirá unha metodoloxía práctica a través dun modelo real de emprendemento sostible baseado na economía circular.

Para poder participar é preciso estar rexistrado/a no sistema de Garantía Xuvenil.

Este programa enmárcase dentro dun convenio entre a Escola de Organización Industrial – EOI  e a Asociación Deloa, co obxectivo de realizar formacións que fomenten o emprego xuvenil. Neste proxecto colaboran ademáis O Fogar do Santiso e a Fundación Paideia Galiza.

 

FONTE: Asociación DELOA