O sector vinícola, o de aloxamentos turísticos e restaurantes foron os máis representados na II Gala de Calidade Turística Condado Paradanta

Na gala organizada polo GDR Condado Paradanta, no Balneario de Mondariz, entregáronse os distintivos SICTED a 20 das 46 empresas certificadas.

O sector enolóxico foi un dos que recibiu máis distincións SICTED durante II  Gala de Calidade Turística Condado Paradanta, que se celebrou este luns, 7 de marzo, no Balneario de Mondariz.

Ao acto, organizado polo GDR Condado Paradanta, acudiron representantes de diversas administracións públicas como a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, María Nava Castro Domínguez, o Subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da AGADER, Moisés Blanco, e as Alcaldesas e Alcaldes dos dez concellos que constitúen este Xeodestino; Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Así como representantes do tecido socieconómico do territorio

Durante a gala  entregáronse os distintivos SICTED a 20  das 46 empresas que contan con este certificado, 11 recibírono por primeira vez e 9 renovaron ciclo. Das 20 distinguidas, 6 pertencen ao sector vinícola e 5 corresponden a establecementos de aloxamento turísticos (casa rurais, Hoteis e apartamentos turísticos e vivendas de uso turístico).

Segundo destacou o presidente do GDR Condado Paradanta, Juan Pablo
Castillo “Isto é un indicativo máis da calidade do sector enogastronómico do xeodestino, así como da gran oferta de aloxamentos dispoñibles no territorio. O máis relevante da situación é a posibilidade de ofrecer ao visitante produtos turísticos únicos que combinen diferentes experiencias que poden ir dende a enogastronomía ata numerosas propostas de turismo activo”.

AS EMPRESAS DISTINGUIDAS

A certificación SICTED, é un proxecto promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR) en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que ten como obxectivo mellorar a experiencia e satisfacción do turista. Con este distintivo, de validez bienal, recoñécese o  esforzo e o compromiso coa calidade dos servizos turísticos do xeodestino Condado
Paradanta.  

Na segunda edición da Gala de Calidade Turística recibiron a distinción por vez primeira os restaurantes: A Casa da Triga, Casa Riveroe O Castelo.  Tamén se distinguiu Galician Brew S.L., fábrica de cervexa artesanal, e as empresas de aloxamento, Hotel la Rectoral,Quinta do SoutoFinca Briabí. Entregouse ademais a distinción á Oficina Municipal de Turismo Mondariz Balneario, a AdegaPazo Pegullal e á axencias de viaxes, Salvaturismo Galiciae ao Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño.

Na mesma xornadarenovaron o seu certificado as adegas:María Bargiela,As Laxas, La Val e Señorío Rubiós. Tamén renovaron a distinción os aloxamentos rurais: A Coastine,Casa María Bargielae Casa Uma, así como ao restaurante Xanela Gastronómica e Celtic ways(empresa de guías turísticos). 

FONTE: GDR Condado-Paradanta