Obradoiros CONSERVANDO PRODUTOS KM0

O programa “Conservando produtos KM0” levado a cabo por Adercou en colaboración co Campus de Ourense da Universidade de Vigo, comezou a pasada fin de semana con sendos obradoiros en Cartelle e A Peroxa.
Hoxe e mañá, é a quenda de Esgos e San Cibrao das Viñas respectivamente. Nestes obradoiros,  alumnos do grao de Enxeñería Agrónoma, ensinan aos participantes, distintas técnicas de conservación de froitas e verduras producidas para o autoconsumo. Nesta ocasión realizaron conservas de grelos e mermelada de tomate e xenxibre.
Os alumnos universitarios comparten así o seu saber,  á vez que eles reciben coñecementos  da xente do rural. Un intercambio que enriquece a ambos.
FONTE: ADERCOU