GDR Ponorte presentes en Madrid Fusión 2022
Durante os próximos días, terá lugar na feira de Ifema de Madrid, Madrid Fusión, o primeiro congreso global de gastronomía deste 2022.
Os asistentes ao evento poderán degustar os días 28, 29 e 30 tres distintos menús.
Mañá, día 28, gozarán dunha degustación de produtos do GDR Ponorte, cun menú realizado polo chef «Alex Iglésias» do restaurante Cabanas.
De 13:00 a 14:00 poderán degustar «Cacheira de cocido de Lalín» cun viño distinto de adegas Castrorey. Tamén terán a opción de saborear un «bocadillo de Cocido de Lalín cunha cervexa tradicional Toupiña.
Se vas asistir pola tarde, a partir das 18:00 horas poderás probar un «pinchito Pontevedra Norte» cunha Sidra ecolóxica Peroja.