O “Camiño de futuro” aborda a importancia da innovación no Náutico de Sanxenxo

Este evento está organizado conxuntamente dende as Consellería de Medio Rural, Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria e coa colaboración do GDR SALNES ULLA UMIA.

No Concello de Sanxenxo, dando a benvida o Presidente do GDR Salnés Ulla Umia, Manuel Vidal Seage, o concelleiro de Economía do Concello, Marcos Guisasola e o Director Xeral do IGAPE, Fernando Guldris, explicaron as liñas de axuda para as pequenas pemes e empresarios á hora de levar a cabo as súas iniciativas. A continuación a xerente do programa LEADER, Arancha Pérez expuso a importancia do programa LEADER na comarca e a súa inminente continuidade co novo período 2023-2027. A esta xornada asistiu numeroso público da contorna que manifestou a necesidade de ter información sobre todas estas axudas e colaboración da Xunta de Galicia.

 

FONTE: GDR Salnés Ulla Umia