AGADER convoca aos GDRs de Galicia á reunión da mesa de coordinación en Pontecesures, cara ao novo programa Leader 2023-2027

O Salón de plenos do Concello de Pontecesures acolleu onte a reunión da mesa de coordinación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural xunto cos 24 GDRs de Galicia.

A reunión asistiu a Directora Xeral de Agader, Inés Santé Riveira, o Subdirector Moises Blanco e como anfitrión o Alcalde de Pontecesures e Presidente do Gdr SALNES ULLA UMIA, Manuel Vidal Seage. Tamen asistiron os 24 xerentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Entre os puntos do orde do día atopanse a Proposta de Bases Reguladoras para a preparación e realización de proxectos de cooperación Leader cunha dotación de case 1M€, e por outra banda a proposta de Bases para a selección de organizacións colaboradoras Leader de Galicia período 2023-2027, para as accións preparatorias das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo período 2023-2027 con unha dotación de 840.000 €, triplicando o orzamento destinado ao período anterior 2014-2020.

Con este proceso os 24 GDRs entran no novo período 2023-2027 cara a seguir traballando nun maior desenvolvemento rural en Galicia, que ten como obxectivos prioritarios a dinamización e diversificación da economía e o asentamento da poboación nas zonas rurais.
Como punto de inicio, nas vindeiras semanas se organizarán unha serie de reunions para que a población participe nas estratexias de desenvolvemento local aportando as súas propias propostas, xa que este é unha das claves do programa Leader, onde o territorio é o responsable de marcar as súas liñas de actuación. A Directora confirmou unha nova convocatoria para novos proxectos de empresas e emprendedores en xeral con unha importante dotación de fondos de mais de 15M€ que previsiblemente se publicaría antes de remate do ano.

Os interesados poderán informarse nas oficinas do Gdr SALNES ULLA UMIA en Vilalonga, Rúa Cruceiro 43 ou nos teléfonos 650 255 914/986 744 909 e mail info@gdrsalnesullaumia.com.

 

FONTE: GDR Salnés Ulla Umia