Xornada informativa axudas de GAIN para as empresas

Este encontro contará coas intervencións de Gerardo Seoane, Alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María Sol Novoa, Presidenta da CEO, a Directora da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández, e a Técnica da área de servizos de GAIN, Patricia López.
Non está previsto que se realicen outras xornadas deste tipo na provincia, remarcar a importancia destas xornadas para coñecer en detalle estas axudas e as oportunidades que a innovación ofrece ás empresas. Durante a xornada os asistentes terán ocasión de trasladar as cuestións que consideren de interese e recibir asesoramento individual na sesión posterior de networking sobre innovación e a súa implantación na empresa.
Para asistir en calquera das dúas modalidades, énecesario cumprimentar o formularioque atopará na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZKpYxzkaNpTZW4_Dm1rL4m1zw0qDp3ouQoySiDBuJNnYPoA/viewform
Esperamos que esta iniciativa sexa do seu interese.
FONTE: Asociación Monteval