III e IV Xornadas do proxecto “Son de Monte” centradas na xestión do monte

Os vindeiros días 9 e 10 de maio chegan de novo as xornadas de “Son de Monte”. Terán lugar en Culleredo e A Capela. Desta volta estarán centradas na xestión do monte e ambos días rematarase a sesión realizando unha saída do lugar da reunión para poder visualizar o explicado nas xornadas.

III xornada de “Son de Monte” en Culleredo

O obxectivo desta primeira xornada é dar a coñecer as diferentes iniciativas do proxecto “Son de Monte”, así como os proxectos innovadores no monte galego. Os asistentes disfrutarán dun día onde aprenderán sobre o Monte e Patrimonio no CMVCM de Xalo e dos seus traballos de resinado, das Peñas Sacras de Galicia, do CMVCM de Tameiga e sobre o mantemento de bidueiro e carballo.

Este día haberá xantar ás 14.15 horas ofrecido pola Asociación de Veciños de Celas e o día rematará cunha visita ao Monte Xalo para coñecer os traballos de resinación e as pedras singulares da zona.

IV xornada de “Son de Monte”, nas Neves

Esta segunda xornada está centrada no bosque comestible, na custodia do territorio, no silvopastoreo dentro do marco da agrofestería e tamén se falará sobre a Lei 11/2021 de Recuperación da Terra Agraria de Galicia.

Ás 12.35 horas realizarase unha visita ao Monte Forgoselo dentro da experiencia Son de Monte “Seitura22”.

Inscricións

Estas xornadas están abertas a todas as persoas interesadas. Toda a información e a inscrición pode facerse no sitio web do proxecto Son de Monte.

 

FONTE: GDR10 Limia-Arnoia