O GDR Limia-Arnoia leva alimentos baixo a marca Reserva da Biosfera ao comedor do CEIP Plurlingüe Carlos Cid Arregui
O luns e o martes da próxima semana realizaranse unhas xornadas nas que se elaborarán, baixo a supervisión dunha nutricionista, menús con produtos locais e ecolóxicos
O luns e o martes da próxima semana (30 e 31 de maio) a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga participará nunhas xornadas organizadas polo GDR Limia-Arnoianas que se elaborará un menú escolar a base de produtos locais e ecolóxicos coa marca “Reserva da Biosfera”.
“O que pretendemos con este programa é que as alumnas e os alumnos coman o que se planta cerca das súas casas e coñezan a gran cantidade de produtos ecolóxicos e de calidade que temos no noso territorio”, sinala Eva González, coordinadora do GDR Limia-Arnoia. Durante as xornadas elaboraranse, baixo a supervisión dunha nutricionista, os menús do vindeiro curso académico 2022-2023.
Este é un proxecto de cooperación entre nove Grupos de Desenvolvemento Rural galegos, que ten como obxectivo o impulso das marcas propias e a marca nacional Reserva da Biosfera como estratexia para mellorar a calidade destas producións e contribuír así á mitigación do cambio climática mediante o fomento do consumo de produtos locais.
Ademais da promoción dos produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares, este proxecto contempla diversas accións encamiñadas a que as empresas da zona se incorporen á marca Reserva da Biosfera e tamén inclúe actuacións dirixidas a mellorar a calidade das producións e a darlle unha maior visibilidade a estes produtos.
FONTE: GDR10 Limia-Arnoia