Recibimos ao GDR Asdecomor de Ordes

Xornada de intercambio de experiencias entre dous GDR, Asdecomor e Adercou.
Representantes do Gdr ASDECOMOR, o alcalde de Ordes, o concelleiro de Oroso e o xerente da asociación, achegáronse ao noso territorio para realizar traballos de campo e poder coñecer in situ dúas accións desenvolvidas na nosa área e financiadas polo programa #Leader.
A primeira visita foi á casa comunitaria Paderne de Allariz, onde unha reforma de 5 vivendas nunha zona rural pon en valor un servizo coidadoso e de calidade para os nosos maiores.
A segunda, foi a reunión de traballo cos alcaldes de Pereiro de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, que están a executar o proxecto de creación e implantación dun servizo de cartografía (WMS) para a xeolocalización de edificacións e parcelas co obxectivo de facilitar a dotación de servizos aos seus veciños.  Un proxecto que é necesario para poder actualizar a numeración de forma coordinada e organizada co catastro. E que ademais,  segundo recoñecen os alcaldes e os quen  o coñece,  ten múltiples posibilidades de servizos á poboación.
FONTE: ADERCOU