Xornada e túnel do viño na IXP Terra de Betanzos
As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características da variedade branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foron algúns dos temas que se abordaron ayer no entorno da Capela da Esperela (Paderne)
Celebrouse un acto institucional de apoio no que participaron representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública.
Pola tarde e no mesmo lugar tivó lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poiderón coñecer os viños da Indicación Xeográfica Protexida Terra de Betanzos así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas.