Colaboración da Reserva de Biosfera co grupo naturalista Hábitar para a eliminación de flora exótica invasora no ENIL Torre de Hércules
O día 11 de xullo de 2022 desenvolveuse unha xornada de voluntariado ambiental froito da colaboración entre o Grupo Naturalista Hábitat (no marco do Convenio de Custodiado Territorio e Voluntariado co Concello da Coruña, para a divulgación ambiental e mellora do seu Patrimonio Natural) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dentro do proxecto LIFE Fluvial.
As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis (herba do coitelo ou uña de gato). O emprazamento elixido foi oentorno do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules (concello da Coruña).
Como entidades participantes nas actividades, cómpre destacar á Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña, que facilitou os colectores para os residuos vexetais e a retirada dos mesmos a xestor autorizado, así como á ONG Cooperación Internacional e á Fundación Aliatar, que proporcionaron a colaboración dun total de 85 voluntarias repartidas en quendas de mañá e tarde.
Resulta indispensable agradecer tamén a implicación e esforzo dos grupos de voluntariado, formados por rapazas de 13-17 anos procedentes de Andalucía, que traballaron con entusiasmo seguindo as indicacións dos técnicos e monitores.
Á finalizacióndos traballos conseguíronse retirar 12.5 colectores de 800 litros de material vexetal, os cales equivalen a arredor de 1.500 kg de restos da especie exótica invasora Carpobrotus edulis.