Reedicion da Guia “Corrente Abaixo, un percorrido de ensoño”
A Asociación Terras de Compostela, no ano 2011 elaborou e editou unha guía, Corrente Abaixo, un percorrido de ensoño, vinculada ao entorno e aos ríos de este territorio.
A Guía serve de referencia para ós amantes da pesca, da natureza, servirá como base aos operadores turísticos e para que a propia xente do territorio valore e coñeza os recursos endóxenos do territorio.
Con esta guía do territorio preténdese acadar varios obxectivos:
- Poñer en valor o inmenso Patrimonio cultural e natural que hai na contorna dos Ríos.
- Proporcionar unha ferramenta útil para os afeccionados á pesca e os seus acompañantes.
- Dar a coñecer zonas e áreas fluviais pouco coñecidas polo público xeral.
- Contribuír á conservación de espazos e ecosistemas que se caracterizan pola súa fraxilidade.
- Artellar unha oferta turística variada e alternativa que combine cultura, natureza e actividades de ocio.
- Recopilación de lendas vinculadas cos rios e recetas de cociña vinculadas ca fauna dos nosos rios.
Contido da guía:
- Identificación dos principias cotos pesqueiros, especies e técnicas de pesca.
- Identificación de zonas onde se poderán realizar actividades de ocio.
- Identificación dos recursos culturais, naturais, patrimoniais, etnográficos,….
- Recetas gastronómicas, lendas vinculadas cos ríos,…
- Outros datos de interese.
Seguindo a liña de traballo do GDR 19 Terras de Compostela de promocionar e divulgar a riqueza patrimonial, de natureza, cultural…etc, do seu territorio, en Asamblea Xeral celebrada na anualidade 2022, os asociados tomaron o acordo de reeditar un material enriquecedor para toda a contorna da Asociación Terras de Compostela.
Podedes votarlle un ollo no seguinte enlace:
Corrente Abaixo un percorrido de ensoño _2022
FONTE: Terras de Compostela