O GDR Condado Paradanta renova a súa Xunta Directiva

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta renovou o luns, 26 de xullo, a súa Xunta directiva na que repiten como presidente o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e como vicepresidente, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríquez. En Tesourería estará a Asociación cultural da Cañiza, Asculca, e Secretaría correrá a cargo da Asociación de mulleres rurais consumidoras de San Pedro de Crecente

A nova organización,  que mantén 15 voceiros das mesas sectoriais, incorpora 6 novos representantes, 3 do sector público e outros 3 do sector privando, configurando unha Xunta Directiva de 21 membros.

 Xunta directiva do GDR

  • Mesa Sectorial 1 – asociación de mulleres: Asociación de mulleres rurais consumidoras de San Pedro de Crecente.
  • Mesa sectorial 2 – Asociacións de mozos: Banda de música xuvenil de Xinzo.
  • Mesa sectorial 3 – Acción social: Asociación 3 de xullo, todos somos vítimas.
  • Mesa sectorial 4 – Asociación protección, conservación e mellora do medio ambiente: Asociación grupo de estudos do sur da dorsal galega, GESDOGAL
  • Mesa sectorial 5 – Asociacións do sector agrario: Asociación agraria de Galicia, ASAGA.
  • Mesa sectorial 6 – Asociación de empresarios e profesionais: Asociación dinamizadora de actividades de panadería e gastronomía do Condado Paradanta e Baixo Miño.
  • Mesa sectorial 7 – Asociacións culturais, educativas e etnográficas:EFA A Cancela,  Asociación Cultural de A Cañiza, ASCULCA.
  • Mesa sectorial 8 – Sector forestal: CMVMC de Maceira,  CMVMC de Taboexa, CMVMC de Rubiós.

 

FONTE: GDR Condado-Paradanta