Candidatura “Museos vivos – Living Museums”

A Rede Europea de desenvolvemento Rural xa difundiu os finalistas que foron elixidos para participar nos RIA2022 (os proxectos nomeados só ven na versión en inglés da páxina).

Por parte de España, confírmase a participación na categoría Futuros dixitais un proxecto dos 8: “Museos vivos – Living Museums”, proxecto de cooperación transnacional no que participa o GDR ASDECOMOR xunto con outros dous grupos galegos (Ribeira Sacra – Courel e A Limia – Arnoia)

Xa comezou o período de votación popular en liña para a categoría de mellor proxecto novo e estará aberta ata o 4 de outubro

Agradeceríamos a máxima difusión e como non o voso voto na seguinte ligazón:

Rural Inspiration Awards (RIA) 2022: The Future is Youth | The European Network for Rural Development (ENRD) (europa.eu)

Envíamos a nova publicada na web da RRN: https://www.redruralnacional.es/noticia/la-red-europea-desarrollo-rural-selecciona-como-finalista-al-proyecto-museos-vivos-para-los

A entrega dos premios (incluído o voto popular) será o 6 de outubro en Bruxelas, como parte da xornada do lanzamento da nova Rede PAC.

 

FONTE: Asdecomor