ADERCOU e ABANCA asinan un convenio financeiro para o desenvolvemento de novos proxectos

No día de hoxe, este Grupo de Desenvolvemento Rural e a entidade financeira, ABANCA, asinaron un convenio de colaboración para o mantemento de relacións financeiras con condicións especiais, recollidas no Anexo I, do acordo,  no que atinxe á:
– Póliza de Crédito para este GDR
– Condición de financiación, avais.
– Ou, contas á vista.
Tamén estableceron un acordo no tocante a beneficiarios de proxectos no agro, agrogandeiros, forestais e vitivinícolas,  vinculados ao noso grupo e área de influencia, recollidos no Anexo II e III do documento asinado.
FONTE: ADERCOU