O GDR inicia a 2ª Fase do proceso de elaboración da EDLP do territorio
O GDR Pontevedra Morrazo foi seleccionado como organización candidata a converterse en entidade colaboradora da AGADER na xestión da medida Leader Galicia 2023-27.
Na Xunta Directiva celebrada onte deuse conta da preselección do GDR como entidade colaboradora e da concesión dunha subvención orientada á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño da futura estratexia de desenvolvemento local participativo para o período 2023-27.
Deste xeito a Xunta Directiva acordou lanzar o proceso de elaboración da EDLP que deberá estar finalizado antes do 20 de decembro de 2022.
FONTE: GDR Pontevedra Morrazo