V xornada “Son de Monte” en Celanova
A quinta xornada da iniciativa “Son de Monte” terá lugar os días 13 e 14 de outubro, no Salón de Arcos da Casa do Concello de Celanova.
O día 13, presentaranse as guías e vídeos das accións do proxecto Son de Monte, ademais dos resultados conseguidos e propostas de futuro. Terá lugar a palestra “O dereito dos montes comunais en man común”. O día rematará cunha visita a Penamá, a unha parcela de bidueiro e explotación de vacas limiás en extensivo.
O día seguinte falarase de “Inspiración Leader dende o monte ourensán” e celebrarase a palestra “Un monte galego diferente é posible. Posta en valor das súas fortalezas”. A visita da tarde será ao Couto Mixto.
Información e inscrición: https://bit.ly/3RIDDgv
Programa: https://bit.ly/3CfxmD4
FONTE: GDR10 Limia-Arnoia