As imaxes da exposición Camiños de Auga cédense un ano para exposición nos establecementos do territorio

Abre hoxe o prazo para que establecementos de aloxamento e hostalaría soliciciten unha fotografía da exposición Camiños de Auga, que o GDR cederá gratuítamente durante un ano.

A exposición Camiños de Auga, de fotográfos destacados da nosa contorna, leva máis dun ano rotando por distintas localizacións do territorio. Nun formato de gran tamaño (2×1 metro), as 30 imaxes que compoñen esta exposición rotaron xa por 18 localizacións diferentes. !Queremos aproveitar estas imaxes para dar a coñecer a beleza do noso entorno, e por iso queremos darlles unha nova vida, é por iso que e a partir de agora seguirán dispoñibles para o público pero de forma diferente. Cada establecemento do territorio pode solicitar unha fotografía para colocar no seu negocio.

O procedemento é como se explica a continuación:

1ºCalquera persoa propietaria dun establecemento aberto ó público dedicado ó sector turístico pode facer a solicitude dunha destas imaxes escribindo un correo electrónicio a leader@gdrullatambremandeo.gal, antes do xoves 20 de outubro ás 14:00 horas.

2º O GDR aceptará a súa solicitude. En caso de haber máis solicitudes que fotografías farase mediante sorteo.

3º A fotografía débese recoller na oficina do GDR, situada no Concello do Pino, entre o venres 21 e o venres 28 de outubro de 2022 (ambos incluídos) onde asinarán unha folla na que se acredite a recollida e se comprometa a manter a foto exposta ó público durante un ano. Pasado este tempo, debe devolver a fotografía ó GDR.

4ºAntes do 1 de novembro de 2022 debe enviar un correo electrónico cunha fotografía acreditativa de que a foto está xa colocada e exposta ó publico no lugar elixido para elo.

As imaxes serán entregadas para colocar en interior, sen os pés de madeira que as suxeitaron dutante as exposicións exteriores que se fixeron ata o de agora.

 

FONTE: GDR Tambre Ulla Mandeo