O GDR Pontevedra-Morrazo abre un amplo proceso de participación cidadá para deseñar a Estratexia do territorio que orientará os fondos europeos da medida Leader, no período 2023_27

O GDR Pontevedra Morrazo iniciou un amplo proceso de participación cidadá para deseñar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023_2027 que orientará os fondos europeos da medida LEADER no territorio.

A participación neste proceso é aberta e calquera persoa ou entidade poderá enviar as súas achegas e suxestións a través dun cuestionario online no que queremos recoller as opinións sobre as principais necesidades e prioridades para o desenvolvemento do territorio.

Ligazón cuestionario: https://forms.gle/ea9bBNqLhvHB4HWv5

Grazas pola túa participación, entre todos podemos contribuír a revitalizar o rural, a facelo máis habitable e habitado, dinámico e integrador.