O GDR Costa da Morte publica un cuestionario aberto para a elaboración da EDLP

Continuando coas accións dirixidas ao deseño das futuras Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2023-2027, no GDR Costa da Morte, seguen traballando na preparación da estratexia do seu territorio.

A participación neste proceso é aberta e queren coñecer a opinión de todos os habitantes e axentes dinamizadores do territorio sobre as principais necesidades e prioridades para o desenvolvemento da Costa da Morte.

Para poder participar no proceso débese cubrir o cuestionario que aparece no seguinte enlace:

Cuestionario EDLP