O GDR Salnés Ulla Umia está a traballar coa nova estratexia para o programa LEADER 2023-2027
Co motivo da elaboración da nova estratexia de desenvolvemento local participativo LEADER para o vindeiro período de programación 2023-2027 o GDR SALNES ULLA UMIA está a convocar unha serie de reunións-debates para coñecer o sentir dos distintos axentes do territorio. As ideas dos distintos colectivos son esenciais á hora de deseñar o futuro das comarcas.
O luns 17 de outubro tivo lugar no Edif Exposalnés, en Cambados ás 20:00 horas a reunión cos colectivos CULTURAL E MOZOS onde ademais dos asociados puideron acudir as entidades interesadas seguindo a filosofía de portas abertas.
Continuando coas reunións-debates para coñecer o sentir dos distintos axentes do territorio e así elaborar a nova estratexia LEADER 2023 -2027 o GDR SALNES celebrou a Mesa de Asociacións do sector Agrario e Forestal o mércores 19 de outubro na sede de Expo Salnés en Cambados.
O obxectivo dos encontros é saber por parte das asociacións agrarias cales son as potencialidades, e cales son as carencias en canto a servizos nos seus concellos, e cal consideran que pode ser a mellor fórmula de dinamizar a fixación de poboación nos mesmos.
O xoves 20 de outubro celebrouse a Mesa das asociacións de Mulleres para o GDR Salnés-Ulla-Umia co obxectivo de coñecer as inquedanzas dos colectivos e dar reflexo na elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo.
O obxectivo dos encontros é saber por parte das asociacións de mulleres cales son as potencialidades, e cales son as carencias en canto a servizos nos seus concellos, e cal consideran que pode ser a mellor fórmula de dinamizar a fixación de poboación nos mesmos.