O GDR Salnés Ulla Umia continúa a traballar coa nova Estratexia para o programa LEADER 2023-2027
Continuando co proceso participativo na elaboración da nova estratexia de LEADER para o vindeiro período de programación 2023-2027 o GDR SALNES ULLA UMIA celebrou a reunión cos colectivos MEDIO AMBIENTE E ACCIÓN SOCIAL o martes 25 de outubro no Edif Exposalnés, en Cambados ás 20:30 horas, Os asistentes participaron activamente manifestando inquedanzas e necesidades de gran valor.
Reunión da mesa do sector empresarial e de turismo do GDR Salnés Ulla Umia
A Mesa de Asociacións do sector empresarial e turismo tivo lugar o mércores 26 de outubro na sede de Expo Salnés en Cambados. Asistiron os representantes dos principais operadores do sector aportando as problemáticas existentes no seu eido e as posibles vías de mellora.
Reunión da mesa institucional
Xa para finalizar esta primeira rolda de encontros o xoves 27 de outubro celebrouse a Mesa institucional dentro da estratexia de desenvolvemento local participativo. Estiveron representados a maioría das entidades do sector público integrantes do GDR Salnés-Ulla-Umia a través dos seus alcaldes e concelleiros aportando o seu punto de vista sobre as fortalezas e debilidades da comarca.