GDR Seitura 22 ven de iniciar o proceso para a elaboración da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), de cara ao período 2023-2037
GDR Seitura 22 ven de iniciar o proceso para a elaboración da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), de cara ao período 2023-2037.
A EDLP é o instrumento central de referencia para o GDR na súa labor de promoción do desenvolvemento do territorio.
É por isto que o proceso de participación aberto pretende recoller a perspectiva dos diferentes sectores e axentes do territorio de cara á elaboración desta estratexia.
As entidades e persoas interesadas poden informarse do proceso na web de Seitura 22, poden participar nas mesas sectoriais e poden enviar suxestións de diagnóstico e proposta.