Consultorios participativos da Asociación Deloa

A Asociación Deloa está a traballar no proceso de participación cidadá para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.

Trátase dun proceso de participación aberto a todo aquel que queira dar a súa opinión. Para isto levaranse a cabo 8 consultorios enfocados nas seguintes temáticas: Turismo, Economía, Acción Cultural, Medioambiente, Acción Social, Gobernanza/territorio, Agrogandeiro/forestal e Transición Dixital.

Anímate a participar!! A túa opinión conta.