Santiago acolle o primeiro encontro nacional de desenvolvemento rural que tiene como punto de debate o nuevo plan Leader 2023-2027
O vindeiro luns 12 de decembro celébrase o primeiro encontro Redes, grupos e retos para o novo Leader (2023-2027) organizado pola asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e no que participan representantes de direccións xerais e grupos de desenvolvemento rural de Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, Andalucía, Estremadura, Madrid ou Cataluña.
O principal obxectivo deste seminario é reforzar e manter vivas as redes de colaboración entre entidades de desenvolvemento rural de diferentes zonas de España e poñer en común as diferentes estratexias que se van a poñer en marcha en cada territorio para adaptarse ao novo plan Leader 2023-2027.
Así, ás 10.00 horas será a inauguración das xornadas no Hotel Exe Peregrino de Santiago de Compostela, coa presenza do secretario del GDR anfitrión, Terras de Compostela, Carlos Martínez Carrillo, o presidente da Asociación de GDR’s de Galicia, José Antonio Santiso Miramontes e a directora xeral de AGADER, Inés Santé Riveira, que darán paso á primeira mesa redonda sobre Evolución do Leader e novo período (2023-27) Propostas de Mellora coa participación de Inés Santé, directora xeral de AGADER, María José González Garrachón, directora xeral de Industria e de Cadea Agroalimentaria da Xunta de Castilla e León, David Villar, director xeral do Medio Natural e Planificación Rural do Principado de Asturias e María Luisa Pascual, directora xeral de Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria.
Ás 12.00 iniciarase a mesa redonda Redes nacionais de desenvolvemento rural: interlocución, coordinación e aprendizaxe coa participación de María José Murciano, xerente do REDR e Víctor Jolín, secretario de REDER.
A continuación, Pedro Fernández, coordinador de proxectos de ARA, Fernando Isasi, xerente da Rede Cántabra Rural, Luís Miguel Rebustiello, xerente de READER e José Luis Peralta, xerente de RECAMDER debaterán sobre O funcionamento das redes autonómicas de desenvolvemento rural: servizos e retos de futuro.
Pola tarde, ás 16.00 horas, terá lugar a última mesa redonda baixo o titulo Boas prácticas pensando non novo período Leader coa participación de Raúl G. Leralta, xerente de PRINCAL, Juan Lázaro, representante de READER e xerente do GDR Baixo Nalón, un representante de ARCA e Diego Curto Portela, xerente do Grupo do Valle do Ambroz (DIVA), por REDEX.
Para finalizar a xornada farase un resumo das principais conclusións das diferentes mesas de debate e sobre o papel futuro da rede galega de grupos de desenvolvemento rural. E concluirase coa intervención do presidente da Asociación de GDR’s de Galicia, José Antonio Santiso Miramontes e o subdirector de AGADER, Moisés Blanco Paradelo.
Ademais, o evento retransmitirase en streaming a través da canle de youtube, baixo previa inscrición ás xornadas.