Os GDR, elemento clave para a cohesión económica e social de Galicia no próximo periodo Leader 2023-2027
Os GDR son un elemento clave para o desenvolvemento económico e social no rural, que precisan máis autonomía, participación social e visibilidade para dar a coñecer a súa importante labor vertebradora dos diferentes territorios, ésta é unha das conclusión ás que se chegaron neste primeiro encontro Redes, grupos e retos para o novo Leader (2023-2027).
Este seminario organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, reuniu en Santiago a membros dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia e representantes de direccións xerais e grupos de desenvolvemento rural de Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, Andalucía, Estremadura, Madrid ou Cataluña, que debatiron o novo papel e os retos de futuro aos que se enfrentan en cada territorio.
Na ponencia inaugural, José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Asociación de GDR de Galicia, sinalou que “un dos obxectivos deste seminario é reforzar e manter vivas as redes de colaboración entre entidades de desenvolvemento rural de diferentes zonas de España e poñer en común as diferentes estratexias de cada territorio para adaptarse ao novo plan Leader 2023-2027.”
Neste sentido, lembrou que “non podemos esquecernos de que somos entidades fundamentais para a dinamización do rural, atendendo ás demandas das persoas, poñendo en valor o que xa se fai, sendo enlace coas administración e co obxectivo final de dar visibilidade”.
Pola súa parte, Carlos Martínez Carrillo, representante do GDR anfitrión, Terras de Compostela, deu a benvida e “representantes de entidades de oito autonomías diferentes que estarán presenten ao longo dunha xornada que se agarda moi interesante”.
A directora xeral de AGADER, Inés Santé Riveira, referiuse a “seguiremos apoiando este tipo de encontros para poñer coñecementos e experiencias en común co obxectivo de atraer máis movemento económico e social aos entornos rurais.