Principais retos para a nova etapa Leader 2023-2027
Así, no primeiro encontro nacional sobre o novo plan Leader 2023-2027 adicáronse varias mesas redondas para coñecer cales son os retos aos que deberán facer fronte os diferentes grupos de desenvolvemento rural. Así, na primeira das mesas redondas, titulada Evolución do Leader e novo período (2023-27) Propostas de Mellora, a directora xeral de AGADER, Inés Santé, a directora xeral de Industria e de Cadea Agroalimentaria da Xunta de Castilla e León, María José González Garrachón, o director xeral do Medio Natural e Planificación Rural do Principado de Asturias, David Villar, e a directora xeral de Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria María Luisa Pascual, fixeron un balance dos fitos alcanzados nos últimos anos e marcaron obxectivos a medio prazo fundamentais para o novo periodo Leader.
Así, Inés Santé, sinalou a importancia de centrarse en tres ámbitos específicos, conseguir unha maior participación social dentros dos GDR, crear novas estratexias para adaptarse ao momento de cambio e tendo en conta a transición ecolóxica, enerxética e poboacional, e por último, a posta en valor da Lei de recuperación de terras que permitiría por a disposición da sociedade unhas 500.000 hectáreas de terreo abandonado en Galicia.
A seguinte mesa redonda, sobre Redes nacionais de desenvolvemento rural: interlocución, coordinación e aprendizaxe e na que participaron María José Murciano, xerente do REDR e Víctor Jolín, secretario de REDER, centrouse na parte máis técnica para presentar propostas máis eficaces e eficientes na dinamización do seu territorio por parte dos GDR e GAL
Nesta mesma liña, Pedro Fernández, coordinador de proxectos de ARA, Fernando Isasi, xerente da Rede Cántabra Rural, Luís Miguel Rebustiello, xerente de READER e José Luis Peralta, xerente de RECAMDER debateron sobre O funcionamento das redes autonómicas de desenvolvemento rural: servizos e retos de futuro.
Xa a sesión da tarde, iniciouse coa presentación de proxectos de boas prácticas que se están realizando en diferentes comunidades pensando no novo período do Leader. Nesta ocasión, participaron Raúl G. Leralta, xerente de PRINCAL, Juan Lázaro, representante de READER e xerente do GDR Baixo Nalón, un representante de ARCA e Diego Curto Portela, xerente do Grupo do Valle do Ambroz (DIVA), por REDEX.