Conclusións do primeiro encontro Redes, grupos e retos para o novo Leader (2023-2027)

Para finalizar este primeiro encontro fíxose un resumo das principais conclusión ás que se chegou en cada unha das intervención sendo as seguintes:
- Ao longo dos últimos anos fóronse incorporando e involucrándose a máis sectores de poboación e entidades públicas e privadas.
- Obxectivo ten que ser crear postos de traballo, crear accións colaborativas, facer unha posta en valor da contorna rural e a súa calidade de vida. Neste caso falouse da importancia de adaptarse ás novas necesidades sociais e económicas.
- As novas estratexias deben ir encamiñadas á participación social, cohesión territorial e representación de todas as entidades posibles.
- Mellorar a axilidade e flexibilidade no ámbito da tramitación de axudas, e que a administración é consciente diso.
- Gañar visibilidade. A poboación xeral non é coñecedora de todo o que se está desenvolvendo en cada territorio e é importante poñer o foco nesta acción de comunicación.
- Necesidade de buscar novas fórmulas para buscar e conseguir unha maior participación social, novos proxectos de emprendemento e investimento privada que dinamicen o territorio.
- Falouse de claves e novos enfoques para conseguir proxectos e propostas máis eficaces e eficientes para a dinamización dos territorios.
- Necesidade de ser máis ambiciosos á hora de chegar a novas axudas ou proxectos máis aló do Leader.
- Importancia de traballar todos unidos neste momento clave para facer forza e poñer en valor o traballo do Leader e dos grupos de desenvolvemento rural.
- Importante crear redes de colaboración e de traballo sendo activas, transparentes e con reunións periódicas nas que chegar a acordos.
- Falouse da importancia das sinerxias entre grupos e redes como impulso de novos proxectos, reputación e visibilidade.
- Non podemos quedarnos nos nosos territorios e se crear liñas de colaboración, aproveitando as redes que xa hai para chegar a nivel nacional e internacional.
- Outra das conclusións é a necesaria negociación coa administración para alcanzar obxectivos e financiamento.
EN RESUMO.
- Aprendemos e compartimos moitos coñecementos e ilusións por facer un Leader aínda mellor.
- Aprendemos que Leader é máis forte se as redes nacionais e internacionais e autonómicas e a súa coordinación son máis fortes.
- Leader necesita simplificar o seu funcionamento tanto para facilitar o traballo dos grupos como o das persoas promotoras.
- Trasladáronnos que cooperación segue sendo unha ferramenta potente para avanzar conxuntamente na mellora dos territorios, transferindo coñecementos exitosamente.
- Neste período, o noso período de madurez despois de cumprir 30 anos, debemos ser capaces de “facer máis con menos” e de acceder a outros fondos para os nosos territorios.