Aberta a convocatoria de axudas Leader para o 2023-2024
AGADER acaba de publicadas no DOG a nova convocatoria das axudas Leader para os anos 2023-2024 conta con 15,3 millóns de euros está cofinanciada nun 75% polo Feader, un 25% pola Administración xeral do Estado e un 22,5 pola Xunta de Galicia. As bases completas poden consultarse no siguiente enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO90-271222-0001_gl.html
Poderán acceder ás axudas, calquera persoa ou entidade a través do Grupo de Desenvolvemento Rural que queiran desenvolver iniciativas de dinamización de carácter produtivo ou de interese público ou colectivo. Do mesmo modo, as axudas concederanse a través do procedemento de concurrencia participativa a través de cada GDR e as persoas beneficiarias poderán pedir un anticipo de ata un 50% da subvención concedida no caso de proxectos productivos, e ata un 90% nos proxectos non produtivos.
Deste xeito, tal e como indica na resolución publicada son obxecto de subvención “aqueles proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII das bases reguladoras”
O prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2023.