EcoComedores, un novo proxecto de cooperación para poñer en valor os produtos locais e os comedores escolares
Da cooperación entre once GDR, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais nace esta programa coa finalide de facilitar a comercialización de produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares de cada territorio
O próximo mes de febreiro comeza o programa EcoComedores, un proxecto que se pon en marcha da man de 11 Grupos de Desenvolvemento Rural, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais e que se presentará nas próximas semanas. O proxecto está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, dentro da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia da Xunta.
Desta forma, os grupos de desenvolvemento rural buscan impulsar a incorporación de centros educativos nesta rede de EcoComedores coa finalidade de introducir nos seus menús os produtos locais, ecolóxicos e de tempada dos produtores locais de cada territorio.
Así, durante o tempo que dura o proxecto, porase á disposición da comunidade escolar durante o curso 2022-2023 un equipo de nutrición para revisar os menús de cada centro participante, para poder analizar as necesidades e cambios que sería necesario aplicar para elaborar menús saudables, con produto local, sen que supoña un incremento económico da partida alimentaria.
Ademáis de crear espazos de colaboración e comercialización para pequenos produtores, con este proxecto tamén se promocionarán os productos locais, fomentando o consumo en circuitos curtos diminuindo a pegada ecolóxica da alimentación, ao tempo que se dinamizará a economía local, fortalecendo a capacidade de producción de pequenos produtores, xeralmente novos emprendedores.
Aos Grupos de Desenvolvemeto Rural que participan no proxecto son a asociación Mariñas-Betanzos, asociación Seitura22, asociación Ulla-Tambre-Mandeo, asociación Terras de Miranda, asociación Terra Chá, asociación desenvolvemento rural da Comarca de Lugo, asociación Montes e Vales Orientais, asociación Limia Arnoia, asociación Miño-Ulla, asociación Condado-Paradanta, e a asociación Galicia Suroeste Eu-Rural.
A cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural demostrou ser unha canle moi efectiva para o intercambio e transferencia de experiencias ao mesmo xeito que permite poñer en marcha actividades colaborativas de éxito en determinados territorios. Desta maneira, búscase dar resposta a problemáticas comúns e fomentar a transferencia de coñecemento e innovación dando un valor engadido aos comedores escolares e aos pequenos produtores locais.
Contacto coa área de comunicación para ampliación ou xestión de entrevistas:
Beatriz Garcia Cibreiro
699800749
Un saúdo.
Departamento de Comunicación.