As claves da nova PAC 2023-2027 é o tema central da xornada formativa organizada pola asociación de GDR de Galicia
A redistribución das rexións, en España pásase de 50 a 20 rexións PAC, en Galicia de catro a dúas, os novos orzamentos, a condicionalidade forzada e os ecorreximes centraron as principais dúbidas
A asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia organizou este luns 6 de marzo en Sergude unha xornada formativa sobre os cambios e as novas medidas da PAC 2023-2027 que supón unha modificación na xestión das axudas, na redistribución de territorios e no que se inclúen novas prácticas medioambientais e climáticas.
A primeira das intervención, impartida por Edelmiro López, centrouse en coñecer as claves deste reforma que aposta por una nova arquitectura verde basada nas condicións medioambientais e de clima que deberán cumplir os agricultores e gandeiros e na que aparecen novas medidas para recibir as axudas. Entre as noviddades, está a planificación estratéxica orientada á consecución de resultados co obxectivo de fomentar unha producción máis innovadora e competitiva, de calidade e fortalecendo o entorno rural.
Segundo explica, López, “a nova arquitectura medioambiental deste periodo ademáis dos requisitos anteriores, como o pago verde ou o greening, inclúen novos conceptos como os ecorreximes ou a condicionalidade reforzada”. Neste sentido, sinalou que a condicionalidade reforzada afectará ás axudas directas e nas que se priman unha serie de prácticas en diferentes materias que deben cumplir as explotación agrarias.
No relativo á nova figura, ecorreximenes, das que se crearon nove en toda España, vai permitir que os agricultores e gandeiros poidan poñer en marcha prácticas en función da tipoloxía de terreo para incrementar as axudas que reciban da PAC. Ademais “as novas prácticas poden ser atractivas para dar visibilidade a instrumentos como o banco de terras ou dos polígonos agroforestais que xestionan os GDR”.
Na segunda intervención de Francisco Ónega, a temática estivo dirixido a todas as inversión e accións que se poderán financiar a través da nova. Neste sentido revisáronse as 33 fichas de intervención para as inversión en servizos e proxectos rurais e que se toman como base para as próximas convocatorias de axudas que se publiquen no DOG. Algunhas destas novas áreas de desenvolvemento pretenden dar máis visibilidade e apostar por ferramentas que xa están en funcionamento como son as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais e impulsado as intervencións no ámbito do emprendemento rural e diversificación do actividades empresariais.
A nova PAC 2023-2027 tamén trae consigo o sistema AKIS, liñas de axudas para impulsar ámbitos relacionados directamente co fomento da innovación agrícola como son a formación e a inversión en asesores agrarios tanto públicos como privados, e a transferencia de coñecemento a través de grupos operativos e de cooperación.
Contacto con el área de comunicación para ampliación o gestión de entrevistas:
Beatriz Garcia Cibreiro
699800749
Un saludo.
Departamento de Comunicación.