Asociación de GDR pon en marcha catro grupos temáticos de traballo para promover acción estratéxicas no rural galego

Ademais deste tema tamén se aprobaron os plan de actividades do 2022 e 2023 na Asamblea Ordinaria celebrada esta mañana en Lalín

A asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia celebrou esta mañá a Asamblea Ordinaria na que se aprobaron as actuación levadas a cabo no 2022 e as accións previstas para o 2023, e que estivo presidida por José Antonio Santiso Miramontes.

Na xornada, celebrada na sede do GDR Pontevedra Norte en Lalín, acordouse seguir na mesma liña de actividades que son de interese común a todos os grupos, como son as visitas e actividades entorno ás estratexias territotorias, ás formación específicas e a xornadas sectoriais nos que se abranguen temas como os polígonos forestais ou as aldeas modelo.

Sin dúbida, a gran novidade é a posta en marcha dos catros grupos temáticos divididos en eixos estratétixos que teñen como obxectivo poñer en valor novos proxectos de colaboración entre grupos e unha maior inversión no rural. Están divididos en Auga e Enerxía. Cambio climático e innovación ambiental, Recuperación de terras agrarias. Ferramentas para a xestión do territorio, Produtos agrolimentarios. Potenciación do sector agropecuario e Turismo en zonas rurais.

 

Deste modo, cada grupo de desenvolvemento rural puido seleccionar as áreas temáticas segundo os seu interese e en liña coa estratexia local que vaia a desenvolver nos próximos anos.  Estes grupos de traballo contan con dúas fases principais, unha primeira, na que se identificaran outros actores públicos e privados para ir incorporándoos sempre que estén vinculados a cada unha das áreas. E unha segunda fase, de creación de plans de acción para incorporar nos seus respectivos plans estratéxicos.

Contacto con el área de comunicación para ampliación o gestión de entrevistas:

Beatriz Garcia Cibreiro

699800749

beatrizcibreiro@gmail.com

Departamento de Comunicación.