A Asociación de GDR mantivo unha reunión co Conselleiro de Medio Rural no que se estudaron diversas propostas para o próximo Plan Estratéxico
Ademais deste tema tamén se aprobou a renovación da Xunta Directiva na Asamblea Extraordinaria celebrada esta mañana en Lalín
A asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia celebrou esta mañá unha Asamblea Extraordinaria para acordar diferentes temas relacionados cos programas e liñas de axuda de cara aos próximos meses, e que estivo presidida por José Antonio Santiso Miramontes.
Na xornada, celebrada na sede do GDR Pontevedra Norte en Lalín, debatiuse a renovación do convenio coa Consellería de Medio Rural, no que se aprobou solicitar persoal técnico para dar cobertura aos grupos. Tamén se acordou pautas a seguir en conxunto para a nova convocatoria Leader 2023-2024 e aprobouse iniciar a tramitación para a renovación da xunta directiva da asociación.
No encontro tamén participaron o conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, que destacaron a importante labor que desempeñan os 24 GDR en diferentes ámbitos como a xestión dos fondos Leader ou a súa contribución á dinamización do rural. A xuntanza tamén serviu para estudar novas propostas e suxerencias dos GDR en relación coa xestión diaria e de fondos ademáis do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC).
Un saúdo.
Departamento de Comunicación.