Os GDR como axentes dinamizadores no proxecto EC4RURAL para acadar unha transición enerxética limpa no rural galego
Os GDR Limia Arnoia e Condado Paradanta presentaron os proxectos enerxéticos que xa están liderando nos seus territorios
Agárdase que as primeiras comunidades enerxéticas estén en funcionamento en setembro de 2025
Os grupos de desenvolvemento rural de Galicia participaron na xornada “EC4RURAL en conexión co territorio: sinerxias cos GDR” organizada pola FEGAMP, co obxectivo de coñecer mellor os avances do proxecto e crear colaboraci
óns para o fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa.
Na xornada, tamén participaron Eva González, xerente do GDR Limia Arnoia, e Paco González, xerente do GDR Condado Paradanta, que presentaron proxectos que están liderando nos seus territorios. Así, Eva Gonzalez, presentou o proxecto A Terra no que buscan a través da colaboración entre entidades e concellos a xestión e aproveitamento da terra agraria da zona para facer unha mellor xestións dos recursos como a auga.
Pola súa parte, Paco González, presentou o proxecto Condado Paradanta Xenera, un proxecto piloto de enerxía para crear un modelo propio de comunidade enerxética comarcal no que están implicados diferentes actores como empresas, comunidades de montes, concellos e sociedade civi
Ademais, neste encontro tamén se definiron as diferentes formas de colaboración e o papel dos grupos de desenvolvemento rural para crear comunidade nesta fase inicial e axudar a recoñecer os principais actores de innovación social en cada territorio para pasar de consumidores a prosumidores. Deste modo, coñeceron de primeira man os avances do proxecto liderado pola Universidade de Vigo, que prevé crear en Galicia 22 comunidades enerxéticas rurais que irán implantando plans enerxéticos adaptados a situación de cada unha das zonas.