O presidente do AGDR mantivo un encontro co presidente da FEGAMP para perfilar a colaboración cara a futuros proxectos en común

O presidente da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso, mantivo unha reunión co presidente da FEGAMP, Alberto Varela, no que abordaron o traballo en común desenvolto, avaliándoo como moi importante para ambas organizacións.

Neste sentido tamén acordaron dar os pasos necesarios para formalizar a colaboración en futuras iniciativas a desenvolver cos grupos de desenvolvemento rural.

Este encontro privado estivo enmarcado dentro da xornada “EC4RURAL en conexión co territorio: sinerxias cos GDR” organizada pola FEGAMP, creada co obxectivo de coñecer os avances do proxecto e crear colaboracións para o fomento do compromiso local para a transición enerxética limpa.