Os 24 GDR de Galicia asinan un convenio coa Xunta por máis de 17 M€ para financiar os seus gastos de funcionamento ata 2027
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia asinaron este mediodía un convenio para financiar os sus gastos de funcionamento ata 2027, por un importe de máis de 17 millóns de euros. Presidiu a sinatura do documento, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenrolo Rural, Paz Rodríguez. Esta cantidade tamén financiará a animación destos grupos e os seus proxectos de cooperación e formación.
María José Gómez afirmou que “estos 17 millóns de euros forman parte dun todo moito maior”. A medida Leader contempla outros 39,3 millons de euros adicionais destinados ao desenrolo de operacións a terceiros. Este orzamento se executará a través de diferentes líneas de axudas ás que poderán optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas, igual que en convocatorias anteriores. Así, o orzamento total inicial ascende a 56,9 millóns de euros.
No acto, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Boqueixón, a conselleira definiu aos GDR como “axentes clave do noso rural”. En primero lugar, porque apostan por sectores fundamentais do sector primario, pero tamén por outros que determinan o progreso do rural, como poden ser os servicios sociais, o comercio ou o ámbito turístico e ambiental. En segundo lugar, sinalou Gómez, porque os GDR “tenden a man ao territorio” e o convirten en “protagonista do seu propio desenrolo”.
A continuación, recoñeceu o funcionamento “da súa dinámica de traballo participativa, de abaixo cara arriba, na que se ten en conta a opinión da cidadanía”. Así, afirmou que estos grupos contribúen a “mellorar as condicións para crear emprego no medio rural e dinamizar o texido socioeconómico”.
A titular de Medio Rural tamén recordou que este convenio outórgase no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común e da continuidade á colaboración entre a Consellería e estos grupos.