Medio Rural avanza na colaboración cos GDR para desenrolar iniciativas enmarcadas no novo período da medida Leader

 

Os presidentes dos GDR de Galicia reuníronse esta mañá coa conselleira María José Gómez, para tratar diversas cuestións relacionadas do novo período do programa Leader.

O motivo deste encontro, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Boqueixón, foi falar sobre o futuro, as novas oportunidades e retos a abordar, co fin de convertilos en realidades prósperas. A conselleira reafirmou a importante labor que desenrolan estas entidades en diversos ámbitos, centrados no fomento do emprego en entornos rurais da nosa comunidade, co obxectivo de facer xurdir e canalizar iniciativas e proxectos que impulsen a dinamización.

Este novo período da medida Leader está enmarcado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027. Cabe sinalar que esta será a primeira convocatoria baixo o Pepac, xa que durante o período 2014-2020 esta medida estaba incluida no Programa de Desenrolo Rural de Galicia (PDR).

Asimismo, recordou que do orzamento total, que ascende a 56,9 millóns, preto de 18 millóns destinaranse aos gastos de fundionamento dos GDR, mentres que os 39,3 millóns de euros restantes irán dirixidos ao desenrolo de operacións a terceiros e se distribuirán entre aquelas estratexias elaboradas polos GDR que foran seleccionadas para este convenio. Este orzamento se executará a través de diferentes liñas de axudas ás que poderán optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas, igual que en convocatorias anteriores.