José Antonio Santiso Miramontes reelixido presidente da Asociación de GDR’s de Galicia

 

Na Asemblea Xeral celebrada hoxe no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), o presidente do GDR Mariñas-Betanzos e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, foi reelixido como presidente da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Xunto a el, formarán parte da Xunta Directiva as seguintes persoas:

  • Vicepresidente Primeiro: Mariano Iglesias Castro, presidente do GDR Ordes-Asdecomor e alcalde de Mesía
  • Vicepresidente Segundo: Jose Antonio López Sierra, presidente do GDR Terra Chá e presidente da Fundación Blas de Carboeiro
  • Tesoureiro: Ramino Moure Ansoar, presidente do GDR Miño-Ulla e representante da Asociación de Veciños de Cerdeda (Taboada)
  • Secretario: José Luis Suárez Martínez, presidente do GDR Monteval e alcalde de Monterrei
  • Vogal: Juan Pablo Castillo Amigo, presidente do GDR Terra e Auga e alcalde de Covelo.
  • Vogal: Manuel Seoane Rodríguez, presidente do GDR Comarca de Ourense-Adercou e alcalde da Peroxa.

Na Asemblea de hoxe tamén se presentaron a Memoria de actividades de 2023, as accións que se desenvolverán ata final de ano, e o estudio dos posibles proxectos que podería levar a cabo a Asociación de GDR’s de Galicia neste novo período Leader 2023-2027.