A Asociación de GDR’s de Galicia participa na reunión do subgrupo LEADER coordinada pola Rede Rural Nacional

A Asociación de GDR’s de Galicia, representada polo xerente da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, estivo presente na reunión do Subgrupo LEADER, coordinada pola Rede Rural Nacional que, aproveitando o 25 aniversario da Red Asturiana de Desarrollo Rural (READER), tivo lugar en Oviedo, o 22 e 23 de abril.
No encontro, no que estivo presente a Subdirectora de Relacións cos GDR de AGADER, Francisca Gago Guillán, participaron as redes nacionais e autonómicas de desenvolvemento rural, as autoridades de xestión e xestores autonómicos de LEADER, e as distintas unidades do MAPA con competencias sobre LEADER.
Falouse sobre cuestións de interese e actualidade como os custes simplificados, o límite de gastos de xestión, a identidade gráfica de LEADER, e sobre cooperación.
O intercambio de experiencias resultou, sen dúbida, moi enriquecedor para todos os participantes.





