A conselleira do Medio Rural valora a labor dos GDR para dinamizar as contornas rurais galegas

O presidente da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, acompañado de outros seis membros da directiva, mantivo unha reunión coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen destacou o traballo levado a cabo por estas entidades para favorecer a dinamización social e económica das contornas rurais galegas.
Na reunión, na que tamén participaron o director xeral da PAC e do control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; a conselleira afirmou que se seguirá a colaborar cos GDR de cara á vindeira convocatoria das aportacións Leader, ás que calificou como fundamentais para o medio rural galego.




