Os GDR insisten na importancia de que a nova PAC a partir de 2028 blinde os fondos de desenvolvemento rural

A conselleira de Medio Rural recoñeceu o traballo dos grupos que “repercute en beneficios moi positivos sobre o tecido social e económico das zonas rurais”.
Os presidentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) mantiveron onte unha reunión de traballo coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, onde se insistiu de novo na importancia de que a nova PAC a partir de 2028, blinde os fondos de desenvolvemento rural con financiamento suficiente e específico.
Gómez afirmou que o novo Marco Financieiro Plurianual, cun enfoque centralista cun fondo único para os estados membros, pretende substituir a arquitectura de dous pilares existente ata agora e poñer en perigo a viabilidade dos programas de desenvolvemento rural, os fondos de movilidade de terras ou outros a favor da sucesión de explotacións.
O rexeitamento a este novo marco financieiro fundaméntase no recorte de fondos que supón para a PAC, de polo menos o 20 %, unha porcentaxe que se traduce en preto de 80 millóns de euros anuais no caso de Galicia. Na reunión cos grupos, a titular de Medio Rural asegurou que “desde o primeiro momento” reclamouse á Unión Europea e ao Goberno central que os fondos de desenvolvemento rural tiñan que estar “ben definidos” e ser “suficientes”.
Recoñecemento ao labor dos GDR
Nesta reunión, á que tamén asistiron o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cervino; e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; María José Gómez recoñeceu o traballo que levan a cabo estos grupos “cun enfoque de abaixo enriba” e que “repercute en beneficios moi positivos sobre o tecido social e económico das zonas rurais”.




