A Xunta lanzará a comezos do 2026 unha convocatoria de fondos europeos Leader con 29 millóns de euros para tres anos
Os xestores de proxectos desenvolverán as súas ideas en colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) existentes en Galicia

Cun orzamento de 28,7 millóns de euros para distribuir no periodo 2026-2028, a Xunta de Galicia lanzará a comezos do novo ano “a maior convocatoria da historia” en fondos europeos Leader, co obxectivo de desenvolver o rural en Galicia. Segundo destaca o Goberno galego, este reparto en tres anualidades, “permitiralles aos xestores de proxectos desenvolver a súa idea cunha maior marxe de tempo», en colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da comunidade.
Estos fondos forman parte do orzamento total da intervención Leader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), que ascende a 56,9 millóns de euros para todo o periodo. Os proxectos subvencionados ao amparo desta convocatoria están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 80%.
As persoas beneficiarias destas axudas, que se distribuirán en réxime de concurrencia competitiva, son as entidades públicas de carácter local ou comarcal, as persoas físicas e xurídicas e tamén as comunidades de montes e as súas mancomunidades. En concreto, financiarán iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e autoemprego, e non produtivos, que beneficien á poboación rural. O Consello da Xunta evaluou onte a convocatoria, que se fará pública no Diario Oficial de Galicia (DOG).




