A Asociación de GDR de Galicia, xurado dun programa que busca “conectar” o rural

Cartel ilustrativo da campaña lanzada por Yoigo.
A Asociación de GDR de Galicia participou como xurado na elección dos finalistas no programa “¡Que vivan los pueblos!“, que busca impulsar startups cun impacto positivo nas comunidades rurais. Patrocinado pola compañía de telecomunicacións Yoigo, o seu obxectivo é “devolver a vitalidade as áreas que a perderon debido ao éxodo da xente cara as cidades”.
A citada compañía e a Fundación UnLimitedSpain veñen de firmar unha alianza estratéxica nun momento no que o rural está a vivir un desafío demográfico e de conectividade sen precedentes. Segundo explican, as cifras do padrón municipal publicadas no INE está a revelar a existencia de 1.800 pobos que contan con tan só un habitante no censo.
A finalidade do programa é a de lograr conectar todas as partes de España extendendo a rede para que calquer persoa poda desfrutar da conectividade, facendo que o rural siga evolucionando e a xente poda vivir, traballar ou estudar, tendo acceso a internet.
A acollida foi todo un éxito. Así o acreditan as máis de 100 startups inscritas desde o verán que abarcan todo tipo de sectores, desde gandería e agricultura, saúde, alimentación, tecnoloxía, turismo, moda, cultura, etc.
Tralo proceso de selección no que participou a asociación, no mes de febreiro celebrarase a gran final, na que se decidirán qué proxectos terán a oportunidade de participar no programa.





