A Xunta celebra os 35 anos do programa LEADER eloxiando o traballo dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia
O presidente da Asociación de GDR’s destacou a necesidade de “loitar conxuntamente os grupos e a administración para que se manteñan os fondos Leader”

Jose Antonio Santiso, presidente da AGDR, durante a súa intervención no acto.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia foron hoxe os protagonistas do acto “35 anos facendo medrar o rural entre todos. O programa LEADER, desenvolvemento e innovación territorial”, levado a cabo no Pazo de Vista Alegre de A Ponte Ulla, en Vedra, A Coruña. O seu traballo foi eloxiado desde o atril polo presidente da Asociación de GDR de Galicia, José Antonio Santiso Miramontes, que asegurou, na súa intervención no acto, que “o personal destes grupos, composto por xerentes, técnicos e administrativos, é o mellor que temos en Galicia para defender o noso rural”.

Jose Antonio Santiso, presidente da Asociación de GDR de Galicia.
Insistiu Santiso Miramontes en que a asociación que dirixe e a Xunta, teñen que “loitar conxuntamente para que se manteñan os fondos Leader, e que a xestión desas axudas se faga dende as autonomías, non dende o Goberno Central”. Tamén subliñou a necesidade de “buscar a maneira de que a xente do rural non emigre, non marche ás ciudades”.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, destacou os “máis de 8.000 proxectos” que ” nestes 30 anos de LEADER sairon adiante, gracias ao intenso traballo dos Grupos de Densenvolvemento Rural de Galicia”, ademáis da consolidación de “máis de 7.000 empregos” e de “outros 5.000 novos creados”. E subliñou que se conseguiu todo iso, “onde máis difícil parecía que era crear e xerar postos de traballo: no rural”.

María José Gómez, Conselleira de Medio Rural.
A Conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, tamén tivo palabras de agradecemento polo “enorme traballo do personal dos 24 GDR’s de Galicia”, cuxa obra, subliñou, “está repartida por todo o noso país”, algo do que “podedes estar moi orgullosos de ter transformado as nosas comarcas”. Lembrou además que “cando un proxecto Leader sae adiante, non só mellora a vida das persoas que o impulsan, se non que impulsan o territorio da súa contorna.”

Autoridades asistentes ao acto con Alfonso Rueda, presidente da Xunta, entre a Conselleira de Medio Rura e o presidente da AGDR.
Unha mesa de diálogo con persoas beneficiarias dos fondos LEADER dos ámbitos social, industrial e turístico entre outros, completou o acto. Estivo formada por Luz Divina, propietaria de Espazo Nature; Margarita Alejandre, xerente de Bodegas Roandi; María Jesús Diz, propietaria de Super Vilanoviña; Javier Rodriguez Vazquez, xerente-propietario de Xardinor S. L.; e Milagros Rey Pérez, presidenta da asociación Ambar.

Mesa de diálogo con persoas beneficiarias dos fondos LEADER.
Un vídeo explicativo que puxo rostro ao programa LEADER con proxectos reais apoiados con esta medida, puxo fin ao evento conmemorativo.




